Unha película de Margarethe von Trotta

Cine. Informo que nos Cines Norte de Vigo proxéctase unha película de Margarethe von Trotta, titulada Hannah Arendt que merece a pena ver. Hannah Arendt foi unha pensadora alemana xudía que debeu emigrar aos EEUU pola súa condición aos 40 anos. Impartirá clases na Universidade de Chicago e logo na de N.York. A Política: “disciplina que ten un fin práctico, a condución dunha vida boa e xusta na sociedade. A Acción “é a capacidade de ser libres”. Non abonda con pensar. É preciso actuar. Obras importantes foron O Totalitarismo ou A condición humana. Arendt non foi unha teórica feminista, sen embargo, o seu pensamento axudoume a reflexionar e escribir os meus ensaios feministas.   A directora do film é Margarethe von Trota , berlinesa, feminista de esquerdas, pertencente ao novo cine alemán dos 70.  As mulleres foron obxecto dos seus guións: Hildegarda de Binguen, Rosa Luxemburgo ou Hanna Arendt. É aínda e foi unha muller moi fermosa que tiven ocasión de coñecer y participar nalgún acto con ela en Berlín no ano 1980. Xa comentaban da súa obra As irmás alemanas, que se estrea no ano 81 e non tiven ocasión de ver. A película na que Arendt asiste ao xuizo dun terrible nazi, merece a pena vela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s