Revolución Industrial

2013-09-08 01.45.23Paralelamente ao profundo cambio mental da Ilustración, que dará lugar á Revolución francesa e á caída do Antigo Réxime, vaise producir a Revolución Industrial, desde a 2ª metade do s.XVIII, aos prinicipios do XIX.  Pásase da manufactura á industria, da acción das mans á acción das máquinas. Gran Bretaña será a pioneira e Londres, a maior cidade desta época. A máquina, que os pintores vangardistas van introducir nos museos, provocando un choque dadaísta e asombrando os burgueses, vai cambiar non só o sistema económico e comercial, senón tamén as mentalidades. Declárome admiradora e partidaria das máquinas, non só no plano funcional, senón no estético. 

Retrocedendo aos comezos da humanidade, o bipedismo foi o camiño fundamental cara a intelixencia,  ao liberar as extremidades superiores e fabricar instrumentos, ligado ao crecemento do cerebro. A mente humana e a súas capacidades é herdeira da fabricación de instrumetos. O lume foi outra adquisición importante. A humanidade prometeica foi evolucionando, adaptándose ás circunstancias. Co tempo invéntase a máquina e con ela a evolución técnica que vai substituír á natural.  Un gran salto.

Os idealismos actuais, posmodernistas,son naturalistas, conservadores. O progreso histórico demostra que a realidade pode cambiarse. A selección técnica é voluntartia e humana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s