pensamento mítico contra o pensamento científico

actividade científica e técnica tivo que loitar sempre contra as crenzas irracionais en verdades inmutables e eternas, promovidas polas relixións. Estas impediron que os científicos estudasen, investigasen e revelasen os achados.  A Inquisición queimou as mulleres sabi200px-Giordano_Brunoas na fogueira ou a Giordano Bruno. Galeleo , continuador da teoría heliocéntrica de Copérnico, tivo que retractarse para salvar a vida. O camiño do progreso da humanidade nunca foi en liña recta  por mor do impedimento das ideoloxías conservadoras. A busca do coñecemento foi considerada perigosa.

Actualmente, o goberno conservador está desmantelando os centros de investigación do Estado. Gran triunfo de Reouco Varela e o seu sancristán Gallardón, contra a ciencia.

Outro aspecto fundamental foi a democratización da ciencia e do coñecemento. Prodúcese no s.XX. Einstein proviña da clase traballadora. A socialización da ciencia necesita a formación pública da cidadanía. O cranio baleiro do ministro Wert, quere levarnos ao pasado e impedir que novos einsteins procedan das clases populares.

Non quero ser pesimista. A historia demostra que a pesar dos atrancos e dos retrocesos políticos, a evolución continúa. En pouco tempo a poboación ponse ao día. Eu fun testiga de con que facilidade se esqueceu a ditadura e se aceptou a democracia. O beguin the beguine adáptase á velocidade do momento. Internet xa nos preparou o futuro, un futuro no que os cavernícolas, como span, terán menos espacio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s