Tetas

Moito se falou de tetas nos últimos dias! Tanto que din en pensar, intelectualmente, non crean, sobre tetas. Bioloxicamente son as mamas que temos as femias, por onde pode saír o leite, despois do parto, para aleitar as crianzas. Culturalmente son moitos os significados e valores desas mamas cando son tetas.  O aspecto sexual é un deles. Leo que os homes sofren hipnose ante as tetas. Non o creo. Non os considero tan parvos nunha sociedade chea de publicidade que usa o corpo feminino para vender o que sexa. O punto de vista é fundamental. Tratándose de voyeurs que observan ás agachadas un fruto prohibido, a excitación é maior. Como todo obxecto de desexo, canto menos doado sexa obtelo, máis se valora e desexa. Daquela, non é igual a teta da parenta, que a de a amante, que a de novicia, que a dunha muller que se comprou e se lle pode esmagar, de querer. A teta despersonalizada produce máis morbo. Hai tantas tetas como miradas.

A misteriosa é a teta ausente, a da amazona, que dá moito que pensar. Tamén está a teta do valor, a de Marianne da Revolución Francesa, unha teta armada contra a burguesía. Así, armadas coas dúas, foi como viron os parlamentarios as tetas agresivas das feministas. Nada sexy, señorías! Susto, espanto, desconcerto. Máis que tetas foron tejeros que non matan pero acusan. Para recuperar o morbo tetil e atreverse ao magreo, a psicoanalista aconsellou os parlamentarios que fosen a un puti club para comprobar que as tetas poden ser inofensivas.

minería chinaDeixo para o final outras tetas. Son as tetas da miseria, da explotación, de mineiras que traballaban espidas como homes. Tetas que se magoan nas pedras, esmagadas nos accidentes.  Ai!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s