Corpos Controlados

A humanidade a través da evolución natural de millóns de séculos chegou a ter un cerebro que nos diferencia do resto de animais. A especie humana, a diferencia doutras especies vivas, non só é responsable de si mesma e por si mesma, senón que posúe a facultade de controlar a dirixir as propias accións.

Velaí, amigas, lede isto con atención porque iso será certo para a humanidade masculina, pero non para a feminina. As mulleres teñen un cerebro equivalente pero no corpo permanecen uns órganos que serven para a reprodución e seguen parindo seres vivos como os animais. Ademais, sen responsabilidade porque ignoran totalmente, durante nove meses de xestación, qué e cómo será a criatura que paren.

Non so iso, senón que son os homes os que deciden o embarazo feminino. O sexo masculino exerce a xerqarquía: individualmente, porque levan a parte activa no proceso de inseminación e colectivamente porque teñen o poder de decisión cando unha muller queda preñada. De querer interromper o seu embarazo, as mulleres están suxeitas a un código penal.

No momento en que isto escribo o partido conservador, con obediencia á Igrexa, que goberna vai poñer máis dificultades ás mulleres para abortar, no caso de querer. Cómpre non esquecer que, con máis ou menos restricións, todos os gobernos lexislan sobre o aborto, nunca a muller ten a facultade de dirixir as propias accións. Non só continúa suxeita ao naturalismo no aspecto sexual, senón que está nun plano subordinado, como animal que aínda é, no plano político e legal.

A evolución natural, agás no casa das mulleres, está sendo substituída pola cultural. Ese é o obxectivo.

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s