Medo á Intelixencia

como dúas gotas de auga!

como dúas gotas de auga!

Para vida animal non te formaches

senón para adquirir ética e ciencia

Dante Alighieri. Divina Comedia

Da bacteria, mediante evolución natural, chegamos a seres con vida e intelixencia. Mediante a enxeñería xenética xa accedimos ao que os creadores da ovella Dolly chamaron segunda creación. A clonación, per se, é so unha fracción do que en termos xerais cabe realizar. Os avances científicos producen medo na poboación, alentada por mentes reaccionarias e caóticas que so queren presentarnos monstros producidos pola ciencia. Que horror dous seres iguais! Pero cando nacen clons produto do azar provocan entusiasmo e simpatía. Que riquiñas, como dúas gotas de agua! Tamén se valora a semellanza cos proxenitores: É cuspidiño ao pai! Ou sexa, se o fai a natureza espontaneamente é marabilloso; se é programado cientificamente é horripilante. Non defendo a clonación, senón unha reprodución extrasomática máis segura. Pero isto queda para outro día. A aspiración humana é a de mellorar. A historia confírmanolo.

Ahi temos uns xemelgos encantadores. Pero tamén temos seres deformes, naturais, que unha muller levou ocultos no seu ventre durante nove meses e que a ciencia non permitiría formar.

O primeiro ser vivo xurdiu no mundo inerte; o primeiro ser intelixente, no mundo vivo;  o primeiro ser creativo, no mundo intelixente. Jorge Wagensberg

que pena, que espanto!

que pena, que espanto!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s