Criminalidade!!

zorra, puta,

zorra, puta,

Baixaron os delitos en xeral, pero subiron (54 vítimas, pola súa conta) os crimes de mulleres polo feito de seren mulleres e as violacións (1.298, tampouco son todas porque as propias vítimas non as denuncian). Socialmente, publicamente, non pasa nada. Eu ando polas rúas de noite, tranquila. Pero sei que en moitos fogares da cidade prodúcense insultos, agresións, golpes…, mentres na rúa non pasa nada, nin nos lugares públicos. Señoras, poden despreocuparse no mercado, nos grandes almacenes, nos bares. De seren cristianas, santígüense antes de entrar na casa.

unha morta que non conta

unha morta que non conta

As mulleres non formamos parte da cidadanía. Non sei como queren que llo diga! Diríxome ás mulleres e non me fan caso. Señoras: por que se empeñan en meterse nesa trampa privada de explotación e tortura! No público son cidadás, incluso pagan impostos, ai de quen!, pero no privado traballan gratis, “como criada que serve e non lle pagan sodada”, e, se as matan, non contan na estatística. Non digan que non as avisei!

zorra, puta,

zorra, puta,

85300-406-304 157010-656-302

Advertisements

Non te importou. Parodiando a Bertolt Brecht

Obrigaches as mulleres a traballar para ti

desde que tiveron mans.

Ser consciente

Bertolt Brecht
Ser Responsables

As túas aplicábanse a preparar armas e usalas.

Copulabades como animais cando estaban en celo.

Non tiñas conciencia.

Foiche medrando o cerebro

adquiriches coñecementos e novas técnicas.

As mulleres seguiron traballando para ti

e non te importou.

Acadaches conciencia

pero non quixeches perder privilexios

e non te importou.

Dictaches as normas, fixeches as leis.

Se as mulleres non tiñan os mesmos dereitos,

non te importou.

Seguiches copulando. Es un macho e necesitas sexo.

Se elas non querían ou non gozaban,

non te importou.

Deixáchelas preñadas e tes descendencia.

Se non podían atender tantas criaturas

non te importou.

Recluíchelas no fogar como nun cárcere.

Coma ti te movías no eido público,

non te importou.

Ocultáchelas na caverna da ignorancia

fóra do coñecemento.

Coma ti mellorabas a aprendizaxe,

non te importou.

Queimáchelas por bruxas cando quixeron saber.

Coma ti non acreditas nas bruxas,

non te importou.

Consentiches que che dese a mellor tallada

se ela comía pouco e quedaba sen forzas

non te importou.

Decidiches que a liberdade sexual era coitar

se as túas parellas non gozaban

non te importou.

Permitiches que recibisen clases de sexualidade

se non lle mostraban o clítoris como órgano de placer

non te importou.

Sabes que miles e miles de millóns de mulleres son asasinadas

como so acreditas no holocausto dos xudeus

non te importou.

Es un cidadán, na política, na economía, no público.

o que suceda no mundo privado

non te importa.

E Conciencia

Un día teremos forza

O día que te importe, será demasiado tarde.

As mulleres terán decidido que poden vivir sen ti

e deixarás de existir.

Sancha Panza

Discursos profundos

Os señores da casa

Cal dos dous sería

Ai, que barriga

Os defensores do pobo

foi de Sancho que falaron

home enteiro e verdadeiro,

bo e calado soporte

do atolado Don Quixote.

A vista tiñan errada

aquela que ninguén vira

mansa, leal, dominada,

es ti Sancha,

a que perdura e atende

tanto ao atolado Quixote

como ao vulgarote Sancho

pola Mancha e polo mundo

cargando coas súas alforxas

pan e viño,

na casa e no camiño

viven da túa suor e traballo.

Inspiras nun deles escritos poéticos.

O criado apenas te diferencia do burro.

Sexa como for

altos como castelos ou moíños

desprézante e golpean por tradición.

O teu corpo, Sancha, é beleza e ruindade

arte e pornografía, desexo e violación.

Dun modo ou outro tomáronche a mantenta.

Preñada será como engorde a túa panza, Sancha.

Rosa Luxemburgo- 15 xaneiro 1919

A Rosa Vermella

95 cabodano de Rosa Luxemburgo

Oh Rosa disidente, Rosa socialista, Rosa revolucionaria,

malvados mediocres, obedientes á reacción

e á guerra

tronzáronche a vida en plena innovación.

Oh Rosa feminista, Rosa escritora, Rosa ilustrada,

canallas covardes baten coas culatas dos fusís

a túa insigne cabeza

golpean na muller, na xudía, na rebelde.

Oh Rosa crítica, Rosa con ideas e praxe, Rosa valente,

perversos armados de odio e pistolas

disparan balas para calar

o teu combate contra a pena de morte.

Oh Rosa pacifista, Rosa amor e vida, Rosa antimilitarista,

pretendes deter a guerra que provoca o cruel kaiser.

Ti estorbas.

Oh Rosa amante da xustiza, Rosa do xornal Bandeira roxa,

queres salvar a clase obreira da guerra,

para loitar por mellores propósitos.

Oh Rosa, xordos, pusilánimes non queren escoitar,

compañeiros socialistas, ceden

caen na trampa da guerra atroz

onde sempre perden os mesmos.

O kaiser Guillermo II manda construír o gran templo da vitoria en Berlín.

os covardes ordenan a túa execución.

Escribes como último pensamento:

“Estúpidos secuaces, a vosa orde está construída sobre a area”.

Hai 95 anos, Rosa, e lamentamos a túa morte coma se fose onte.

Representación de Jacques Derrida

rumoroso vencido

Deconstrución

Jacques Derrida

Fogueira postmoderna

Na fin do mundo, Finisterra, onde vivo

refachos do Atlántico, eléctricas machadas

tumban árbores, antigas defensoras

do Castro.

Velaí a posta en escena de Sarah Kofman

onde Derrida representa a Deconstrución

unha ruptura malsana nas conciencias

confusión, xestos equívocos,

paradoxos para remexer na leña primitiva

metafísicas confusas, borralla do significado

diferido.

Comparte a diferencia con Lacan, Levinas e Foucault

e centos de mulleres escribindo co corpo

oco que agarda plenitude

natureza queren ser

metáfora freudiana e patriarcal.

Nos restrollos irracionais e doentes

rumorosos deconstruídos e vencidos

co facho derridiano

prenderán a fogueira postmoderna

onde queimar o xuízo e a razón.

Das orxías nos cabarés á 1ª Guerra Mundial

A nena que marchou de Valga

A nena que marchou de Valga

Carolina Otero

O solpor da cupletista

Para escribir “A liberdade arrogante” un percorrido pola vida de Carolina Otero, entrei na Belle Époque, un espazo temporal que vai de 1890 a 1914, comezo da 1ª Guerra Mundial. A tour Eiffel é o paradigma dos novos horizontes que abre a ciencia, e aproveitan os grandes magnates da empresa. Conviven nos cabarés coa grande aristocracia que aínda domina Europa. A nosa astuta compatriota vainos saquear a todos sen piedade. Elixe como estilo o do pasado, un recargado vestiario de xoias, plumas, peles, tules, sombreiros cos que se pasea polo Bois de Boulogne en carroza tirada por espléndidos cabalos brancos que se cruzan con bicicletas montadas por rapazas en bombachos. Un ambiente presidido polo Art Nouveau, esplendor do cristal e audacia do ferro. Unha alegría de vivir que apaixona os pintores fauvistas ou a escultora Camille Claudel, desata o patetismo da voix d’or de Sara Bernhardt, enardece a Wagner, a quen acompañan os nacionalistas rusos, Tchaikoski e Rimski-Korsakov co seu impulsivo optimismo. Os impresionistas, Manet ou Renoir, mostraron os afectados e pornográficos aristócratas, seducindo a cortesás espidas, en almorzos campestres.

A Bela Otero, mantivo trato de esmorga e sexo con toda a realeza europea que compartía os anos de glamour parisino. O megalómano káiser Guillermo II, a quen Carolina lle descobre a brutalidade, o zar Nicolás II de Rusia, igualmente cruel coa poboación como xeneroso coa Otero, e quen lle ía dicir que sería asasinado sacando unha foto con toda a familia, o corrupto sádico Leopoldo de Bélxica, Eduardo VII de Inglaterra que, dada a tradicional lonxevidade das raíñas nais inglesas (Victoria a súa) chegou xa vello ao trono. Mentres agarda, o coñecido como Bertie, ocupaba un trono hipersexual no burdel Le Chabonais. So Alberto de Mónaco é menos belixerante e prefire a navegación. Esta grande familia de mandatarios europeos, curmáns entre si, dilapidaban en orxías babilónicas, na Belle Époque, o que lle roubaban á xente escravizada de cadanseus países. Foron estes mesmos galopíns, amantes de Carolina, os que, coa mesma perversión, entraron en contenda hai un século, malgastaron a riqueza en armas, demoleron Europa e mataron a millóns de persoas. Madía levan.