Quen fose negro!

Anda a oposición ao réxime alporizada estes días polo comportamento da Garda Civil na fronteira de Ceuta que propiciou a morte de 15 negros que intentaban acadar as costas deste país, onde cren que lles agarda mellor vida que o que abandonan. Unha mínima compaixón e un criterio sobre os dereitos humanos, leva a condenar uns actos que conduciron á morte de 15 persoas.

Saltar a valla. Buscar a liberdade

No que vai de ano, en menos de 50 días, asasinaron a 14 mulleres no eido familiar e privado. Non saíron nos xornais e, de facelo, en lugares onde ninguén as ve. Non alteraron en absoluto a tranquilidade gubernamental, ninguén da oposición ergueu a voz para protestar, nin pediron contas en Europa. Son, coma sempre vítimas ocultas, que a ninguén lle importan. É unha realidade que se repite ano tras ano, século tras século, incrementando o holocausto máis espantoso, numeroso e permanente da historia. Temos que ser conscientes, mulleres. Non temos ningún valor. Parimos humanos, pero non somos consideradas seres humanas. Unha dolorosa humillación da que a maioría das mulleres non son conscientes. Os homes, si.parar o holocausto de mulleres

Advertisements

Ai, o Amor

unnamed (1)Velaí, xa pasou o día, que non a romaría. Algunhas mozas recibiron o galano do seu galán, outras non. O amor, palabra perversa onde as haxa, continúa adaptándose a múltiples sistemas, e no nome do amor as mulleres aceptan o inaceptable: o servicio do seu corpo, encerrarse na esfera privada do matrimonio, a familia e o traballo doméstico, a morte lenta, o esquecemento dos propios desexos. Cando o amor obriga a tantas concesións, é unha corda ao pescozo. Sexualmente, o amor, pasa polo seu peor momento. A chamada liberación sexual foi un regalo para o sexo masculino. Nada de “falar”coa noiva, como antes, de facerlle as beiras, de collerlle a man, de beixos e agarimos, iso é perder o tempo. O sexo é posuir, para uns e por o corpo a disposición, para outras. Isto sei que indigna a moitas rapazas novas que “toman a iniciativa”, evítanlle o traballo e considéranse moi avanzadas. Pero que manda, manda e quen pode, pode. Ao final, follan como primates, como mamíferas, e por riba a iso lle chaman facer o amor. Incluso nas series de animais usan a mesma terminoloxía. Ai, San Valentín! A sociedade, que impón as normas, pasou de ensalzar a virxindade, a dicir que produce cancro. Agora, mesmo se dan en vacinar ás nenas antes de teren coitos para protexelas do cancro de colo de útero, non ousa frear o cumprimento do acto. Mal sabían as progres dos oitenta, enaxenadas pola liberdade sexual!

Non serei eu quen critique as rapazas actuais por asimilar as normas dominantes e interiorizar o discurso do outro. Pero unnamedgustaríame que recapacitaran se esa é a única opción posible, o único pracer posible, se seren suxeitas históricas é calcar o modelo sexual masculino, tan primitivo e tan perigoso?

Cronoloxías

unha nena coma min

unha nena coma min

A morte pónseme diante en forma de rizos infantís. Na casa da rúa Urzaiz onde vivín a miña infancia, estaba pendurada unha foto de Shirley Temple, unha nena que comezara a triunfar no cine cando eu nacín. Parece que o meu parecido con ela era tanto que as visitas coidaban que era eu a da foto. O asunto non pasou de anécdota, pero a muller que agora son eu, pensa que as nenas de rizos morren calquera día. Vaia por onde me deu.

A feminista que nos deu a cidadanía

A feminista que nos deu a cidadanía

O meu aniversario foi o 5 deste mes. Hoxe, 12/2 é o aniversario de dúas mulleres extraordinarias: Clara Campoamor, a ministra socialista da II República que conseguiu o voto para as mulleres, e Federica Montseny, ministra anarquista republicana. A primeira, hélàs, faleceu na dictadura sen poder volver á súa querida patria; a segunda tivo mellor sorte, e eu mesma tiven a sorte de coñecela nun gran encontro de mulleres, nos anos da Transición, en Madrid. Falounos con esa garra mitineira que tiña a xente daquel tempo.

Hoxe tamén, por se quedaba algunha esperanza, as/os diputadas/os do PP (Partido de Pusilánimes) votaron con disciplina a favor da lei de Aborto, aínda se o voto era secreto.  Mesmo se persoas dese partido se mostraran en contra de dita lei cavernícola, á hora de votar pecharon filas e mostraron a adhesión á lei e a obediencia á Igrexa Católica, que foi a verdadeira triunfadora neste caso. Unha tropa de seres delirantes que lle dan máis valor a un ovo de muller galeado que á persoa muller.

ministra e anarquista

ministra e anarquista

Á marxe disto, confío en que a maioría das mulleres non teñan que interromper un embarazo pola sensata razón de non inicialo.

Día Internacional contra a Mutilación Xenital

O 6 de febreiro é o dìa elixido pola ONU para manifestarse contra a mutilación xenital que padecen unhas 140 miullóns de nenas e mozas do mundo. Son sometidas a unha tortura , unha dor espantosa, un trato cruel e inhumano para amputarlles o clítoris e, segundo os casos, os labios menores da vulva, e incluso os maiores, infibulando ou cosendo despois a vulva, deixando un pequeno orificio para a menstruación e orinar. Póñome enferma so de pensar nesta tremenda tortura que cada 6 minutos padece unha criatura, especialmente en África e Asia, pero tamén en Sudamérica, Europa, Australia. Estas atrocidades, no caso de non producir a morte por hemorraxia ou infección, dadas as circunstancias e as rudimentarias ferramentas que utilizan, deixan doenzas, problemas psicolóxicos e perda da sensibilidade e pracer. Ademais do transo, podemos imaxinar a vida que lle agarda ás vítimas.                       Como é posible que no s.XXXI, seres chamados humanos, gobernos susoditos democráticos, estamentos que teñen a compaixón ou a filantropía como obxectivos permitan que este horror se perpetúe? Como é posible que a relixión Católica, se alporice pola interrupción do proceso dun ovo no útero dunha muller, que defenda con toda a forza un embrión, e non alce a voz, desde Roma até a última parroquia, pola tortura de nenas, de criaturas humanas a quen se lles amputa, non un embrión como no aborto, senón partes fundamentais do seu propio corpo?

As mulleres privilexiadas que tivemos a sorte de pertencer a unha cultura occidental, non sufrimos a ablación do clítoris, que é o órgano de pracer feminino, fisicamente, pero se nos amputa mediante a ignorancia e a falta de información do mesmo. Trátase tamén de impedir o pracer feminino e o sometemento das mulleres ás prácticas de pracer sexual masculino. Aí temos o patriarcado impedindo a vida plena das mulleres. A señora do PP que hai poucos días propuña que a masturbación estivese condenada como o aborto, sabe ben que a autonomía do pracer das mulleres é un perigo para o sistema patriarcal e para a Igrexa.

Para gritar

Cada 6 minutos unha menor de idade é vítima da mutilación forzosa dos xenitais.

Ferramentas que se usan

Ferramentas que se usan