Día Internacional contra a Mutilación Xenital

O 6 de febreiro é o dìa elixido pola ONU para manifestarse contra a mutilación xenital que padecen unhas 140 miullóns de nenas e mozas do mundo. Son sometidas a unha tortura , unha dor espantosa, un trato cruel e inhumano para amputarlles o clítoris e, segundo os casos, os labios menores da vulva, e incluso os maiores, infibulando ou cosendo despois a vulva, deixando un pequeno orificio para a menstruación e orinar. Póñome enferma so de pensar nesta tremenda tortura que cada 6 minutos padece unha criatura, especialmente en África e Asia, pero tamén en Sudamérica, Europa, Australia. Estas atrocidades, no caso de non producir a morte por hemorraxia ou infección, dadas as circunstancias e as rudimentarias ferramentas que utilizan, deixan doenzas, problemas psicolóxicos e perda da sensibilidade e pracer. Ademais do transo, podemos imaxinar a vida que lle agarda ás vítimas.                       Como é posible que no s.XXXI, seres chamados humanos, gobernos susoditos democráticos, estamentos que teñen a compaixón ou a filantropía como obxectivos permitan que este horror se perpetúe? Como é posible que a relixión Católica, se alporice pola interrupción do proceso dun ovo no útero dunha muller, que defenda con toda a forza un embrión, e non alce a voz, desde Roma até a última parroquia, pola tortura de nenas, de criaturas humanas a quen se lles amputa, non un embrión como no aborto, senón partes fundamentais do seu propio corpo?

As mulleres privilexiadas que tivemos a sorte de pertencer a unha cultura occidental, non sufrimos a ablación do clítoris, que é o órgano de pracer feminino, fisicamente, pero se nos amputa mediante a ignorancia e a falta de información do mesmo. Trátase tamén de impedir o pracer feminino e o sometemento das mulleres ás prácticas de pracer sexual masculino. Aí temos o patriarcado impedindo a vida plena das mulleres. A señora do PP que hai poucos días propuña que a masturbación estivese condenada como o aborto, sabe ben que a autonomía do pracer das mulleres é un perigo para o sistema patriarcal e para a Igrexa.

Para gritar

Cada 6 minutos unha menor de idade é vítima da mutilación forzosa dos xenitais.

Ferramentas que se usan

Ferramentas que se usan

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s