insólita Felicidade

Camiño acelerada, como unha viguesa. Coincídeme pasar polo miradoiro de Alfonso XII no lusco fusco, e unha morte do sol retenme. Hai momentos intensos, malgré tout.

 

Insólita Felicidade

Gris contorno, bretemoso e sume.

Lisco, perseguida polo tempo

lusco fusco, fusca

vida, acelerada busco

futuro que nunca chega a selo.

Quen pensar no sol?

E velaí asoma eternal

velorio que me asombra.

Bola inmensa, vermello vello ardor

Ría emoción permanente

Ría emoción permanente

matiz heterodoxo, innovación

fogo no cabalo furado das Cíes

peso ardente no lombo

que nin Sísifo

o furado das Cíes nin cabalo

pedra asento

incandescente bola ardor

nebuloso lume avermellado

imitando tons de Turner

cando vello

sintético averno, abstracción.

Tarde neboenta, sol

insólita felicidade.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s