O QUE LLES QUEDABA POR LEGALIZAR

traballa gratis

traballa gratis

Son libre e feliz

Hoxe é un día histórico para min. Erguinme cunha lupa que me permite ver con claridade o que estaba latente no meu cerebro. Sabíao pero non era unha evidencia. Velaí: a totalidade da sociedade, mulleres e homes, aceptan unha mentira histórica, unha impostura criminal, unhas relacións persoais e socio-económicas espúreas.

Púxenme a escribir sobre a vindeira legalización da prostiutución e enfrenteime ao criterio dos actós lícitos ou ilícitos entre mulleres e homes, e o consentimento das parte, das persoas implicadas. Vin que nada disto está nas normas públicas. Igual que co resto das mulleres. As Constitucións democráticas, os Códigos penais, teñen en conta os modelos universais do ben e do mal para considerar o que é lexítimo e moralmente válido, e nesa medida vanse modificando. O feito de dar consentimento a un acto non modifica o acto en si mesmo. Ante un asasinato, por exemplo, non se pode alegar consentimento da vítima. A lei é a lei.

Daquela pensei no matrimonio. Unha lei? Un contrato? Onde se especifican as condicións? Danse por entendidas. Si, quero, din as partes. Consisto. A partir de aí os homes adquiren a condición superior de pater, de poder, e fan uso desa situación, e as mulleres pasan á dependencia e á submisión. Si quero, din, e asignan procurando non manchar de tinta o velo de tule (tola) ilusión. Ese velo, vela; esa ilusión, cega, diría Rosalía, cegas, cegas que non vían a luz que as ía matar. Hai parellas máis “progresistas” que casan só no xulgado; outras son parellas de feito; outras, nin iso, únense de seu. De todos modos, as mulleres deciden libremente venderse, facer comeercio sexual co seu corpo, coa produción do seu útero, co seu labor permanente, co coidado, co amor. Fano porque queren, pero queren e queren e non deixan de querer unirse a un home, ter familia, entrar na Esfera Privada, onde van servir como di a copla: Dime casadiña nova como che vai de casada, como criada que serve e non lle pagan soldada. 

A superioridade social dun sobre a outra quen lle outorga? O sistema. A Constitución igualitaria é falsa; o Código Penal, é falso; a moral, falsa. O rei vai espido e a raíña tamén e embarazada. Dentro dos fogares hai unha opresión das débiles polos fortes. Presións, violencias, manipulacións, humillacións, malos tratos, son, ou poden ser, feitos ordinarios. A sociedade está organizada de forma que ningunha muller se libre de ter relación con homes. Agás algunhas solteiras con emancipación económica. E isto, é novo na sociedade.

Ao querer escribir do consentimento das mulleres públicas, protituídas, vinme escribindo do que ben sabía das privadas. As “mulleres públicas” veríanse libres de pertencer a un home, de obrigas domésticas e cobrarían polo que as “privadas” fanj gratis. De non ser que, mulleres en fin, acostuman depender dun macarra ou caen nas mans da mafia. Pero a violencia nas privadas é peor. O mal trato é maior no ámbito familiar, e danse menos casos de morte de mulleres prostituídas que de amas de casa.

O Estado actúa coas mulleres como unha mafia. Explota as privadas, das que saca o 58% do PIB, e se sindican as públicas, volverá a encher as arcas co esforzo feminino.

Quen lles vai dicir agora ás mulleres que aínda se cren decentes, que son peor usadas que as “indecentes”?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s