San Miguel Arcanxo en Galiza

Hai moito que non escribo no Blog. Outros asuntos tivéronme ocupada. Xa vos contarei.                         Hoxe un arcanxo ocupa as portadas dos xornais. Trátase dun caradura que veu a posibilidade de enriquecerse aproveitando a disposición, maiormente das mulleres, ao exoterismo, a buscar solucións ás súas carencias pola vía milagreira, en lugar de esforzarse por termar de si mesma. Cómpre recoñecer que levan séculos de instrución relixiosa e están sempre predispostas a acreditar no que non verifican os sentidos, por un lado, e o sentidiño, por outro.

O individuo arcanxalizado chámase Feliciano Miguel Rosendo da Silva e tiña unha herboristería no Calvario, en Vigo. Decatouse da fe que depositaban as compradoras nas herbas, no que chamaban medicina natural, para sandar calquera tipo de doenzas, e, agudo como espada flamíxera foi levando ás adictas á trastenda e, ao tempo que lles vendía toda clase de placebos, creados por el, foi inventando rituais, cos que foi aparvando as e os incondicionais e sacándolle o diñeiro. Chegou o momento de erixirse e Arcanxo San Miguel e actuar como líder relixioso, falando nunha lingua rara, o arameo, dixo, a lingua na que falaba Cristo. Cos cartos que foi estafando aos incautos, arranxou unha casa da súa propiedade en Oia, rodeada dunha gran finca con piscina, barbacoa e todo tipo de servizos, que foi coñecida como “as murallas de Jerusalén”. Convenceu os adictos de que morrera con dous anos e resucitara. Entre os ritos estaban as violacións por “inspiración divina”, supoño. Moitas rapazas considerábanse felices nesa submisión. Este seguimento cego non me chama a atención. Como moitas espopoderes contra o malposas. A fascinaciSciFiFanGuardianAngelArtistNAón do poder.

poderes contra o mal

giordano_archangel-michael

poderes contra o mal

poderes contra o mal

Advertisements

Criminalidade!!

zorra, puta,

zorra, puta,

Baixaron os delitos en xeral, pero subiron (54 vítimas, pola súa conta) os crimes de mulleres polo feito de seren mulleres e as violacións (1.298, tampouco son todas porque as propias vítimas non as denuncian). Socialmente, publicamente, non pasa nada. Eu ando polas rúas de noite, tranquila. Pero sei que en moitos fogares da cidade prodúcense insultos, agresións, golpes…, mentres na rúa non pasa nada, nin nos lugares públicos. Señoras, poden despreocuparse no mercado, nos grandes almacenes, nos bares. De seren cristianas, santígüense antes de entrar na casa.

unha morta que non conta

unha morta que non conta

As mulleres non formamos parte da cidadanía. Non sei como queren que llo diga! Diríxome ás mulleres e non me fan caso. Señoras: por que se empeñan en meterse nesa trampa privada de explotación e tortura! No público son cidadás, incluso pagan impostos, ai de quen!, pero no privado traballan gratis, “como criada que serve e non lle pagan sodada”, e, se as matan, non contan na estatística. Non digan que non as avisei!

zorra, puta,

zorra, puta,

85300-406-304 157010-656-302

Sancha Panza

Discursos profundos

Os señores da casa

Cal dos dous sería

Ai, que barriga

Os defensores do pobo

foi de Sancho que falaron

home enteiro e verdadeiro,

bo e calado soporte

do atolado Don Quixote.

A vista tiñan errada

aquela que ninguén vira

mansa, leal, dominada,

es ti Sancha,

a que perdura e atende

tanto ao atolado Quixote

como ao vulgarote Sancho

pola Mancha e polo mundo

cargando coas súas alforxas

pan e viño,

na casa e no camiño

viven da túa suor e traballo.

Inspiras nun deles escritos poéticos.

O criado apenas te diferencia do burro.

Sexa como for

altos como castelos ou moíños

desprézante e golpean por tradición.

O teu corpo, Sancha, é beleza e ruindade

arte e pornografía, desexo e violación.

Dun modo ou outro tomáronche a mantenta.

Preñada será como engorde a túa panza, Sancha.

Corpos Controlados

A humanidade a través da evolución natural de millóns de séculos chegou a ter un cerebro que nos diferencia do resto de animais. A especie humana, a diferencia doutras especies vivas, non só é responsable de si mesma e por si mesma, senón que posúe a facultade de controlar a dirixir as propias accións.

Velaí, amigas, lede isto con atención porque iso será certo para a humanidade masculina, pero non para a feminina. As mulleres teñen un cerebro equivalente pero no corpo permanecen uns órganos que serven para a reprodución e seguen parindo seres vivos como os animais. Ademais, sen responsabilidade porque ignoran totalmente, durante nove meses de xestación, qué e cómo será a criatura que paren.

Non so iso, senón que son os homes os que deciden o embarazo feminino. O sexo masculino exerce a xerqarquía: individualmente, porque levan a parte activa no proceso de inseminación e colectivamente porque teñen o poder de decisión cando unha muller queda preñada. De querer interromper o seu embarazo, as mulleres están suxeitas a un código penal.

No momento en que isto escribo o partido conservador, con obediencia á Igrexa, que goberna vai poñer máis dificultades ás mulleres para abortar, no caso de querer. Cómpre non esquecer que, con máis ou menos restricións, todos os gobernos lexislan sobre o aborto, nunca a muller ten a facultade de dirixir as propias accións. Non só continúa suxeita ao naturalismo no aspecto sexual, senón que está nun plano subordinado, como animal que aínda é, no plano político e legal.

A evolución natural, agás no casa das mulleres, está sendo substituída pola cultural. Ese é o obxectivo.