Cabodano de Rita Levi-Montalcini

Entrei na xungla do sistema nervioso

e quedei tan fascinada pola súa beleza

Coa súa paixón: Investigar

Coa súa paixón: Investigar

                                                         que decidín dedicarlle todo o meu tempo,

A Dona das Neuronas

A Dona das Neuronas

a miña vida!

Así foi, dedicoulle 102 anos de vida e foi recompensada cun Premio Nobel. Ela mesma foi un exemplo da teoría que defende no libro O as na manga, que o cerebro non debe deteriorarse coa idade: Mantén o teu cerebro ilusionado, activo, faino funcionar, e nunca dexenerará.

Porque, segundo esta DONA DA NEURONA, o proceso de reparación neuronal dura sempre, con máis ou menos intensidade. A proba é que podemos aprender cousas novas sendo maiores. De familia culta xudia de Turín, nai pintora e pai enxeñeiro eléctrico, herda a tendencia científica paterna, rexeita o matrimonio e casa cun laboratorio de por vida. Cando Mussolini impón o fascismo e a persecución da súa raza, debe fuxir e vivir na clandestinidade, pero sempre co seu laboratorio caseiro, onde comezan os seus achados sobre o sistema nervioso.

Preocúpalle o desequilibrio actual entre as facultades cognitivas, as que dotaron á humanidade dun gran poder global e conseguiron unha intelixencia e unha vida superior, coas capacidades emotivas que permanecen no cerebro e nos unen co home primitivo. O seu desexo era vincular a ciencia e a ética. Afirma que a relixión marxina a muller afastándoa do coñecemento cognitivo, daquela, di, cómpre proporcionar formación e cultura as mulleres para asuman o papel protagonista da xestión do planeta. Confía en que todas as persoas deben asumir como unha obriga moral afrontar as problemáticas que afectan á humanidade, usando as súas capacidades racionais, aínda que iso signifique loitar contra os intereses establecidos polos círculos do poder.

Aí estamos, Rita, alzadas en rebeldía contra un poder corrupto e reaccionario. No noso nome, no teu. Grazas.