San Miguel Arcanxo en Galiza

Hai moito que non escribo no Blog. Outros asuntos tivéronme ocupada. Xa vos contarei.                         Hoxe un arcanxo ocupa as portadas dos xornais. Trátase dun caradura que veu a posibilidade de enriquecerse aproveitando a disposición, maiormente das mulleres, ao exoterismo, a buscar solucións ás súas carencias pola vía milagreira, en lugar de esforzarse por termar de si mesma. Cómpre recoñecer que levan séculos de instrución relixiosa e están sempre predispostas a acreditar no que non verifican os sentidos, por un lado, e o sentidiño, por outro.

O individuo arcanxalizado chámase Feliciano Miguel Rosendo da Silva e tiña unha herboristería no Calvario, en Vigo. Decatouse da fe que depositaban as compradoras nas herbas, no que chamaban medicina natural, para sandar calquera tipo de doenzas, e, agudo como espada flamíxera foi levando ás adictas á trastenda e, ao tempo que lles vendía toda clase de placebos, creados por el, foi inventando rituais, cos que foi aparvando as e os incondicionais e sacándolle o diñeiro. Chegou o momento de erixirse e Arcanxo San Miguel e actuar como líder relixioso, falando nunha lingua rara, o arameo, dixo, a lingua na que falaba Cristo. Cos cartos que foi estafando aos incautos, arranxou unha casa da súa propiedade en Oia, rodeada dunha gran finca con piscina, barbacoa e todo tipo de servizos, que foi coñecida como “as murallas de Jerusalén”. Convenceu os adictos de que morrera con dous anos e resucitara. Entre os ritos estaban as violacións por “inspiración divina”, supoño. Moitas rapazas considerábanse felices nesa submisión. Este seguimento cego non me chama a atención. Como moitas espopoderes contra o malposas. A fascinaciSciFiFanGuardianAngelArtistNAón do poder.

poderes contra o mal

giordano_archangel-michael

poderes contra o mal

poderes contra o mal

Advertisements

Rromipén

Albert Menmi define o racismo como a valoración xeneralizada e definitiva dunhas diferencias, reais ou imaxinativas, en proveito do acusador e en detrimento da vítima, co fin de xustificar os seus privilexios ou a súa agresión. 

No momento actual somos as mulleres, seres naturais e inferiores, as máis vilipendiadas e humilladas por calquera e publicamente, o obxecto fundamental do racismo. Motivos económicos permanecen para que o sigan sendo. Pero  non alcanzo a saber por que, superado o racismo negro, que hoxe teñen incluso un Presidente de cor, ou os xudeos, nómadas, expulsados de todas partes, que  hoxe teñen un Estado, aínda queda o pobo xitano, o Rromipén, sen situarse na democracia. E recoñecido o Holocausto xudeo, pero do dos xitanos non se fala. Sin embargo foi cruel e premeditado polos nazis.

No ano 1890 inician en Alemaña o proceso cunha conferencia sobre a “escoria xitana” . En 1899, crean unha oficina e un corpo policial contra a Praga xitana. En 1909, dáse a orde de marcalos con ferro candente. 1920, comeza a suxerencia de estirilización e castración. 1927, habilítanse campos de reclusión, 1933, dítase a Lei de esterilización. 1938, ten lugar a semana de “limpeza xitana: Detidos, golpeados, encarcerados en toda Alemaña. 1940, 1ª Matanza en masa. 250 criaturas son utilizadas como coellos de indias para experimentar no Campo de concentración de Buchenwald. 1944, acaece  a  A noite dos xitanos. En Auschwiz collen a 12.000, métenos nos camións para levalos aos fornos crematorios e ás cámaras de gas. Os gritos e prantos laceraban a noite. Foi un cruel exterminio.

O Rromipén segue sen querer integrarse na democracia. A súa estrutura familiar, privada e pechada, favorece a esclusión.

Non se integran na esfera dos payos

Non se integran na esfera dos payos

Voda fascista frustrada

muller marcial

muller marcial

Os Primo de Ribera, Pilar e o seu irmán, José Antonio, eran un modelo da rama que ao tronco sae. Un orgullo ditatorial. El, fundador da Falanxe española; ela da Sección Feminina de Falanxe, fundada no ano 1934. Tanto que non lle gustou que Franco non impuxese a bandeira e himno de Falanxe como as españolas. Fíxose perdoar nomeando a Pilar condesa do Castillo de la Mota. Unha extensa representación da Sección Feminina maleducaba as mozas nos centros de ensino de toda España. Labores (bastillas, filtirés, punto espírito, punto de cruz…) costura ( a canastilla infantil), cociña, música (vilancicos e populares ), ximnasia (alineadas, e alienadas, con pololos), formación del espírito nacional (España unidade de destino no universal), esas e outras doctrinas e habilidades, propias dunha moza como debe ser, preparaba para o matrimonio e a procreación, a toda unha xeración de postguerra.

Pilar Primo de Ribera, estaba solteira, e non sei que daba, sendo tan defensora do rol maternal das españolas.  O ministro de exteriores Serrano Suñer, que visitaba Berlín, quixo concertar, ignoro se por propia iniciativa, pero si co coñecemento de Franco, a voda de Pilar Primo de Ribera con Hitler. Intercedía como celestina, Magda, a esposa de Joseph Goebbels, animada por emular a dinastía austro-española. Que voda tan culminante! Onde encontrar unha facha máis adecuada para Hitler! Pero non puido ser. O nazi non estaba en condicións de preñar a fascista española. Unha bala da 1ª Guerra Mundial rabenáralle un testículo. E total, iso a Eva Braun non lle importaba.  A Pilar non a deron casado. hitler-eva-braun

Esforzo e tesón.

boekeSon varias as características do traballo científico, da tarefa de investigación. Admiro esa faceta humana de mentes lúcidas e curiosas, si, pero con estudos e coñecementos sen os que o resto dos atributos non chegarían a concretarse, e con horas de esforzo e tesón sen os que non poderían acadar os obxectivos que se propuñan. A todo isto cómpre engadir, en moitos casos, a valentía. Os descubrimentos acostuman a ter detractores que dificultan e retrasan os avances humanos.

O fanatismo relixioso é un dos atrancos en contra do saber. A lucidez científica é contraria á fe cega que defenden as relixións. De aí a pretensión de manter na ignorancia os pobos. “O mellor para que non haxa enganabobos, é que non haxa bobos”, di J.Wagensberg. A medida que avanza o coñecemento, diminúen as crenzas. As persoas crentes están interesadas no que xa saben, nos dogmas que lles transmitiron. As curiosas están dispostas a descubrir.  Como Jf Boeke, que despois de sete anos invertidos no proxecto, logra o ADN artificial nunha célula viva.

Pois ben, este descubrimento tivo un inimigo que acusaba de erróneos os resultados e motivou unha investigación. A consecuencia foi que a outra persoa implicada no estudo, realizado nunha universidade de Nova York, Yu-Yu Lin, apareceu sen vida no laboratorio, a véspera da entrega das confirmacións, sen deixar ningunha nota que confirmase o suicidio. “Morte no laboratorio” podería ser o título da novela negra escrita a partir desta historia, unha máis entre tanto odio e persecución como esperta a indagación científica.

Mesmo así, o cromosoma artificial xa está aí. Levan anos intentándoo. O primeiro foi John Craig Venter, coñecido como o pai do xenoma, precursor da vida artificial hai xa catorce anos. Facilitou que outros clonaran a ovella Dolly, en xullo de 1996. Entramos noutra etapa evolutiva. A selección natural foi a da materia viva; agora, di J.W. A selección artificial é a da materia intelixente. Agora que as teorías de Darwin foron aceptadas pola igrexa católica, están sendo superadas pola evolución cultural. No futuro, que xa é hoxe, non dependeremos da natureza, senón da intelixencia e a vontade humana. As persoas que leron o meu libro Antinatura, saben canto desexo que se acabe o naturalismo.

Cronoloxías

unha nena coma min

unha nena coma min

A morte pónseme diante en forma de rizos infantís. Na casa da rúa Urzaiz onde vivín a miña infancia, estaba pendurada unha foto de Shirley Temple, unha nena que comezara a triunfar no cine cando eu nacín. Parece que o meu parecido con ela era tanto que as visitas coidaban que era eu a da foto. O asunto non pasou de anécdota, pero a muller que agora son eu, pensa que as nenas de rizos morren calquera día. Vaia por onde me deu.

A feminista que nos deu a cidadanía

A feminista que nos deu a cidadanía

O meu aniversario foi o 5 deste mes. Hoxe, 12/2 é o aniversario de dúas mulleres extraordinarias: Clara Campoamor, a ministra socialista da II República que conseguiu o voto para as mulleres, e Federica Montseny, ministra anarquista republicana. A primeira, hélàs, faleceu na dictadura sen poder volver á súa querida patria; a segunda tivo mellor sorte, e eu mesma tiven a sorte de coñecela nun gran encontro de mulleres, nos anos da Transición, en Madrid. Falounos con esa garra mitineira que tiña a xente daquel tempo.

Hoxe tamén, por se quedaba algunha esperanza, as/os diputadas/os do PP (Partido de Pusilánimes) votaron con disciplina a favor da lei de Aborto, aínda se o voto era secreto.  Mesmo se persoas dese partido se mostraran en contra de dita lei cavernícola, á hora de votar pecharon filas e mostraron a adhesión á lei e a obediencia á Igrexa Católica, que foi a verdadeira triunfadora neste caso. Unha tropa de seres delirantes que lle dan máis valor a un ovo de muller galeado que á persoa muller.

ministra e anarquista

ministra e anarquista

Á marxe disto, confío en que a maioría das mulleres non teñan que interromper un embarazo pola sensata razón de non inicialo.

Das orxías nos cabarés á 1ª Guerra Mundial

A nena que marchou de Valga

A nena que marchou de Valga

Carolina Otero

O solpor da cupletista

Para escribir “A liberdade arrogante” un percorrido pola vida de Carolina Otero, entrei na Belle Époque, un espazo temporal que vai de 1890 a 1914, comezo da 1ª Guerra Mundial. A tour Eiffel é o paradigma dos novos horizontes que abre a ciencia, e aproveitan os grandes magnates da empresa. Conviven nos cabarés coa grande aristocracia que aínda domina Europa. A nosa astuta compatriota vainos saquear a todos sen piedade. Elixe como estilo o do pasado, un recargado vestiario de xoias, plumas, peles, tules, sombreiros cos que se pasea polo Bois de Boulogne en carroza tirada por espléndidos cabalos brancos que se cruzan con bicicletas montadas por rapazas en bombachos. Un ambiente presidido polo Art Nouveau, esplendor do cristal e audacia do ferro. Unha alegría de vivir que apaixona os pintores fauvistas ou a escultora Camille Claudel, desata o patetismo da voix d’or de Sara Bernhardt, enardece a Wagner, a quen acompañan os nacionalistas rusos, Tchaikoski e Rimski-Korsakov co seu impulsivo optimismo. Os impresionistas, Manet ou Renoir, mostraron os afectados e pornográficos aristócratas, seducindo a cortesás espidas, en almorzos campestres.

A Bela Otero, mantivo trato de esmorga e sexo con toda a realeza europea que compartía os anos de glamour parisino. O megalómano káiser Guillermo II, a quen Carolina lle descobre a brutalidade, o zar Nicolás II de Rusia, igualmente cruel coa poboación como xeneroso coa Otero, e quen lle ía dicir que sería asasinado sacando unha foto con toda a familia, o corrupto sádico Leopoldo de Bélxica, Eduardo VII de Inglaterra que, dada a tradicional lonxevidade das raíñas nais inglesas (Victoria a súa) chegou xa vello ao trono. Mentres agarda, o coñecido como Bertie, ocupaba un trono hipersexual no burdel Le Chabonais. So Alberto de Mónaco é menos belixerante e prefire a navegación. Esta grande familia de mandatarios europeos, curmáns entre si, dilapidaban en orxías babilónicas, na Belle Époque, o que lle roubaban á xente escravizada de cadanseus países. Foron estes mesmos galopíns, amantes de Carolina, os que, coa mesma perversión, entraron en contenda hai un século, malgastaron a riqueza en armas, demoleron Europa e mataron a millóns de persoas. Madía levan.