Son, somos proxenetas

As mulleres estamos no mercado, sempre estivemos no mercado.

Existe o mercado público, coñecido co nome de prostitución, e o mercado privado, ao que se lle chama matrimonio, familia, fogar.                                         Na esfera privada as mulleres son a forza de traballo, producen o 58% do PIB. Ademais paren e crian a descendencia, coidan do marido e das persoas dependentes, recompoñen a forza de traballo masculino e a súa líbido. Todo iso de forma gratuita e, para ben ser con amor. Cada home ten unha muller na casa para o seu uso sexual. Mesmo así, moitos buscan outras mulleres fóra da casa que, deben pagar. Tanto na esfera privada como na pública, as mulleres son sexo, consentido ou non, con pracer ou sen el. Pero só o sexo público se cobra, igual que só se recibe un salario polo traballo público.  Isto é evidente. Xa o sabíamos.

Do que non me decatara era de ser proxeneta. E sono, coma todas as mulleres que contribuímos ás arcas do estado cos impostos. O Estado somo todas/os.          O Exército é o gran proxeneta, mantén unha enorme cantidade de prostíbulos alí onde fai unha guerra. Os soldados son homes, din, e como tal precisan mulleres. Teñen que manter unha cantidade de prostituidas onde levan os soldados para o seu servizo sexual. Ese exército de mulleres ten que pagalo o estado, nós, eu. Non só pagamos as guerras das que abominamos, senón tamén pagamos a prostituídas.

Ou nos facemos as parvas ou … Que difícil é ser persoa consciente!

Non quero velo

Non quero velo

 

Advertisements

San Miguel Arcanxo en Galiza

Hai moito que non escribo no Blog. Outros asuntos tivéronme ocupada. Xa vos contarei.                         Hoxe un arcanxo ocupa as portadas dos xornais. Trátase dun caradura que veu a posibilidade de enriquecerse aproveitando a disposición, maiormente das mulleres, ao exoterismo, a buscar solucións ás súas carencias pola vía milagreira, en lugar de esforzarse por termar de si mesma. Cómpre recoñecer que levan séculos de instrución relixiosa e están sempre predispostas a acreditar no que non verifican os sentidos, por un lado, e o sentidiño, por outro.

O individuo arcanxalizado chámase Feliciano Miguel Rosendo da Silva e tiña unha herboristería no Calvario, en Vigo. Decatouse da fe que depositaban as compradoras nas herbas, no que chamaban medicina natural, para sandar calquera tipo de doenzas, e, agudo como espada flamíxera foi levando ás adictas á trastenda e, ao tempo que lles vendía toda clase de placebos, creados por el, foi inventando rituais, cos que foi aparvando as e os incondicionais e sacándolle o diñeiro. Chegou o momento de erixirse e Arcanxo San Miguel e actuar como líder relixioso, falando nunha lingua rara, o arameo, dixo, a lingua na que falaba Cristo. Cos cartos que foi estafando aos incautos, arranxou unha casa da súa propiedade en Oia, rodeada dunha gran finca con piscina, barbacoa e todo tipo de servizos, que foi coñecida como “as murallas de Jerusalén”. Convenceu os adictos de que morrera con dous anos e resucitara. Entre os ritos estaban as violacións por “inspiración divina”, supoño. Moitas rapazas considerábanse felices nesa submisión. Este seguimento cego non me chama a atención. Como moitas espopoderes contra o malposas. A fascinaciSciFiFanGuardianAngelArtistNAón do poder.

poderes contra o mal

giordano_archangel-michael

poderes contra o mal

poderes contra o mal

O QUE LLES QUEDABA POR LEGALIZAR

traballa gratis

traballa gratis

Son libre e feliz

Hoxe é un día histórico para min. Erguinme cunha lupa que me permite ver con claridade o que estaba latente no meu cerebro. Sabíao pero non era unha evidencia. Velaí: a totalidade da sociedade, mulleres e homes, aceptan unha mentira histórica, unha impostura criminal, unhas relacións persoais e socio-económicas espúreas.

Púxenme a escribir sobre a vindeira legalización da prostiutución e enfrenteime ao criterio dos actós lícitos ou ilícitos entre mulleres e homes, e o consentimento das parte, das persoas implicadas. Vin que nada disto está nas normas públicas. Igual que co resto das mulleres. As Constitucións democráticas, os Códigos penais, teñen en conta os modelos universais do ben e do mal para considerar o que é lexítimo e moralmente válido, e nesa medida vanse modificando. O feito de dar consentimento a un acto non modifica o acto en si mesmo. Ante un asasinato, por exemplo, non se pode alegar consentimento da vítima. A lei é a lei.

Daquela pensei no matrimonio. Unha lei? Un contrato? Onde se especifican as condicións? Danse por entendidas. Si, quero, din as partes. Consisto. A partir de aí os homes adquiren a condición superior de pater, de poder, e fan uso desa situación, e as mulleres pasan á dependencia e á submisión. Si quero, din, e asignan procurando non manchar de tinta o velo de tule (tola) ilusión. Ese velo, vela; esa ilusión, cega, diría Rosalía, cegas, cegas que non vían a luz que as ía matar. Hai parellas máis “progresistas” que casan só no xulgado; outras son parellas de feito; outras, nin iso, únense de seu. De todos modos, as mulleres deciden libremente venderse, facer comeercio sexual co seu corpo, coa produción do seu útero, co seu labor permanente, co coidado, co amor. Fano porque queren, pero queren e queren e non deixan de querer unirse a un home, ter familia, entrar na Esfera Privada, onde van servir como di a copla: Dime casadiña nova como che vai de casada, como criada que serve e non lle pagan soldada. 

A superioridade social dun sobre a outra quen lle outorga? O sistema. A Constitución igualitaria é falsa; o Código Penal, é falso; a moral, falsa. O rei vai espido e a raíña tamén e embarazada. Dentro dos fogares hai unha opresión das débiles polos fortes. Presións, violencias, manipulacións, humillacións, malos tratos, son, ou poden ser, feitos ordinarios. A sociedade está organizada de forma que ningunha muller se libre de ter relación con homes. Agás algunhas solteiras con emancipación económica. E isto, é novo na sociedade.

Ao querer escribir do consentimento das mulleres públicas, protituídas, vinme escribindo do que ben sabía das privadas. As “mulleres públicas” veríanse libres de pertencer a un home, de obrigas domésticas e cobrarían polo que as “privadas” fanj gratis. De non ser que, mulleres en fin, acostuman depender dun macarra ou caen nas mans da mafia. Pero a violencia nas privadas é peor. O mal trato é maior no ámbito familiar, e danse menos casos de morte de mulleres prostituídas que de amas de casa.

O Estado actúa coas mulleres como unha mafia. Explota as privadas, das que saca o 58% do PIB, e se sindican as públicas, volverá a encher as arcas co esforzo feminino.

Quen lles vai dicir agora ás mulleres que aínda se cren decentes, que son peor usadas que as “indecentes”?

Rromipén

Albert Menmi define o racismo como a valoración xeneralizada e definitiva dunhas diferencias, reais ou imaxinativas, en proveito do acusador e en detrimento da vítima, co fin de xustificar os seus privilexios ou a súa agresión. 

No momento actual somos as mulleres, seres naturais e inferiores, as máis vilipendiadas e humilladas por calquera e publicamente, o obxecto fundamental do racismo. Motivos económicos permanecen para que o sigan sendo. Pero  non alcanzo a saber por que, superado o racismo negro, que hoxe teñen incluso un Presidente de cor, ou os xudeos, nómadas, expulsados de todas partes, que  hoxe teñen un Estado, aínda queda o pobo xitano, o Rromipén, sen situarse na democracia. E recoñecido o Holocausto xudeo, pero do dos xitanos non se fala. Sin embargo foi cruel e premeditado polos nazis.

No ano 1890 inician en Alemaña o proceso cunha conferencia sobre a “escoria xitana” . En 1899, crean unha oficina e un corpo policial contra a Praga xitana. En 1909, dáse a orde de marcalos con ferro candente. 1920, comeza a suxerencia de estirilización e castración. 1927, habilítanse campos de reclusión, 1933, dítase a Lei de esterilización. 1938, ten lugar a semana de “limpeza xitana: Detidos, golpeados, encarcerados en toda Alemaña. 1940, 1ª Matanza en masa. 250 criaturas son utilizadas como coellos de indias para experimentar no Campo de concentración de Buchenwald. 1944, acaece  a  A noite dos xitanos. En Auschwiz collen a 12.000, métenos nos camións para levalos aos fornos crematorios e ás cámaras de gas. Os gritos e prantos laceraban a noite. Foi un cruel exterminio.

O Rromipén segue sen querer integrarse na democracia. A súa estrutura familiar, privada e pechada, favorece a esclusión.

Non se integran na esfera dos payos

Non se integran na esfera dos payos

O Vigo de Pacheco

Agardan o barco para descargalo.

Agardan o barco para descargalo.

Sorte a de Vigo que tivo unha cidadanía vangardista que, chamada polos primeiros enxeños da revolución industrial, quería estar ao día. O mar, a comunicación que daquela era marítima, levou e trouxo, co seu ritmo de mareas, persoas, mecanismos, modas e ideas. En Vigo instalouse o Cable Inglés, que nos comunicaba co mundo, e, vivir á hora europea, concedía o privilexio de estar à la page. Houbo quen tivo teléfono antes de poderse comunicar. Instalaron tranvías cando no Berbés pairaban as dornas. Construiron estaleiros para poñerse á cabeza da pesca mundial. Pioneiros, xogaron futbol, os homes ou jockey, as mulleres  Tiveron un fotógrafo, Xaime Pacheco, que montou un estudio na rúa do Principe e se puxo a enredar con trebellos do s.XIX, máquinas, cubetas, líquidos e prensas, seguido polos seus fillos que se criaron co arrecendo dos pegamentos. Ademais de fotografar a xeracións de familias, foi dando conta de como medraba a cidade, do punto de vista social, arquitectónico e industrial e de como melloraba a técnica fotográfica.  O arquivo Pacheco é a mellor enciclopedia , tanto de Vigo como da evolución da fotografía.

Sorte a dunha muller coma min de nacer nesta cidade e poderlle tomar o pulso. Xa os meus bisavós  eran vigueses e tiñan casa na rúa Oliva, onde a Colexiata, lugar de nacemento da miña avoa Carmen. Asi mesmo no s.XIX, chegara a Vigo a xastra Carmen Queizán a establecerse ao final da mesma rúa, e o meu avó Xosé Queizán, montara a súa xastrería na rúa Carral. Queizán casou con Carmen Hermida e naceu meu pai Xosé Queizán, na praza da Constitución. Sorte tamén que a miña nai chegara a vivir en Vigo aos poucos meses de nacer, procedente de Beiro, en terras ribeiranas, cun pai que abominaba da aldea e unha nai de Santiago. Daquela, son urbana, e viguesa por xeracións. Isto me permite ver as fotos de Pacheco cunha perspectiva especial. Son moitas as escenas que me remiten a algo escoitado ou coñecido: os comercios da miña infancia, os restos calcinados do teatro Rosalía de Castro, onde seica levaran as cadeiras da sociedade Oliva, para celebrar un gran baile. A ese baile asistiron os meus avós, Queizán e Carmen. Menos mal que o lume prendeu (tal vez unha cabicha mal apagada…) despois de retirarse as persoas para casa. Gosto das ruínas, pero esa foto prodúceme un certo desasosego. A miña avoa estaba embarazada do meu pai. Por iso sei que a foto é  de 1910  Mesmo de non teren unha raigame viguesa coma min, a exposición do arquivo Pacheco é recomendable.

Ardeu despois dun baile. 1910

Ardeu despois dun baile. 1910

Honradez

Hai uns días houbo un atraco a un Banco no barrio de Coia en Vigo. A policía xa tiña vixiados aos atracadores e preferiu agardalos á sáida para non atemorizar a traballadores e clientes. Así foi. Os asaltantes subiron a un coche pero sabendo que ían ser atrapados, tiraron os corpos do delito, os milleiros de euros que roubaran, polas fiestras do vehículo. Debeu ser un momento espectacular, ver voar o diñeiro, unha escena de cine. O acto parece unha arroutada de Mister Perin, un ianqui que, a principios do s.XX saía nos xornais porque organizaba moitos escándalos. Ao parecer subíronselle os dólares á cabeza e andaba polo mundo tirando os cartos. Unha vez, deulle por ciscar os cartos, e cando os recolleu a benemérita, botounos a patadas. A xente abría o xornal para encontrar unha nova provocación do tal Perin. “Estar, está tolo, nunca se soubo de ninguén no seu san xuízo que tire cos cartos, comentaban.”

Pois estes atracadores tiraron todos os euros pola fiestra. E pensarán, coa crise que hai e tanta xente necesitada, a máis dunha os billetiños viríanlle estupendamente. Pois nada diso. A xente recolleu os cartos, de aquí e de acolá, e devolveullos á policía. Todiños! N0n faltou nada. Podo afirmalo. Tamén que estou emocionada por esa integridade cidadá. Como é posible que unha cidadanía, sabendo como sabe que lle están roubando desde as altas esferas da Administración, do Estado; que algúns evaden para paraísos fiscais o que debería ser empregado no benestar da poboación? Como é posible que conserven a honradez? Pois si. Demóstrase que a dignidade non se perde por moito que a perdan os demais. A conciencia é persoal e non se traizoa.  Síntome orgullosa como cidadá do que fixo a xente de Coia, ou que circulase por alí. Grazas, no meu nome e no das persoas que confiamos na humanidade.

Voda fascista frustrada

muller marcial

muller marcial

Os Primo de Ribera, Pilar e o seu irmán, José Antonio, eran un modelo da rama que ao tronco sae. Un orgullo ditatorial. El, fundador da Falanxe española; ela da Sección Feminina de Falanxe, fundada no ano 1934. Tanto que non lle gustou que Franco non impuxese a bandeira e himno de Falanxe como as españolas. Fíxose perdoar nomeando a Pilar condesa do Castillo de la Mota. Unha extensa representación da Sección Feminina maleducaba as mozas nos centros de ensino de toda España. Labores (bastillas, filtirés, punto espírito, punto de cruz…) costura ( a canastilla infantil), cociña, música (vilancicos e populares ), ximnasia (alineadas, e alienadas, con pololos), formación del espírito nacional (España unidade de destino no universal), esas e outras doctrinas e habilidades, propias dunha moza como debe ser, preparaba para o matrimonio e a procreación, a toda unha xeración de postguerra.

Pilar Primo de Ribera, estaba solteira, e non sei que daba, sendo tan defensora do rol maternal das españolas.  O ministro de exteriores Serrano Suñer, que visitaba Berlín, quixo concertar, ignoro se por propia iniciativa, pero si co coñecemento de Franco, a voda de Pilar Primo de Ribera con Hitler. Intercedía como celestina, Magda, a esposa de Joseph Goebbels, animada por emular a dinastía austro-española. Que voda tan culminante! Onde encontrar unha facha máis adecuada para Hitler! Pero non puido ser. O nazi non estaba en condicións de preñar a fascista española. Unha bala da 1ª Guerra Mundial rabenáralle un testículo. E total, iso a Eva Braun non lle importaba.  A Pilar non a deron casado. hitler-eva-braun